Rueda aposta por apoiar iniciativas que axuden a desestacionalizar o turismo
Alfonso Rueda puxo como exemplo o centro da cultura gastronómica das Rías Baixas que se inaugurou no pazo de Quintáns, en Sanxenxo
O presidente da Xunta asegurou que Galicia se está consolidando como un dos grandes destinos gastronómicos
Este sábado inaugurouse o centro da cultura gastronómica das Rías Baixas no rehabilitado pazo de Quintáns, en Sanxenxo.
Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá apoiando iniciativas coma esta que contribúen a diversificar e desestacionalizar o turismo.
"Sanxenxo e as Rías Baixas son a perfecta mostra desa "Galicia Calidade" que hai que vender fóra", asegurou
O goberno galego investiu neste proxecto preto de 30 millóns de euros a través do Plan Territorial do Litoral.
Rueda asegurou que Galicia se está consolidando como un dos grandes destinos gastronómicos. A nosa comunidade recibiu ata outubro máis de 6 millóns e medio de viaxeiros.