Novas

Dous detidos por un intento de roubo nun banco en Santiago

30/06/2025 12:35

Os ladróns entraron por un burato feito a través do portal do edificio lindeiro, no barrio de Conxo

No momento en que chegou o director da sucursal fuxiron porque chegaba acompañado dun empregado


EFE/Lavandeira Jr

O rei Xoán Carlos publicará as súas memorias a finais de ano: "Sinto que me rouban a miña historia"

30/06/2025 12:28

Segundo a editorial, é un escrito rico en anécdotas con episodios significativos da historia recente e detalles da súa vida persoal

 


O Celta comeza o traballo de pretemporada centrado na operación saída

30/06/2025 12:05

Radu e Jutglá son as dúas novidades no cadro de xogadores

A dirección deportiva traballa arreo para atoparlle saída a xogadores como Unai Núñez, Aidoo, Carles Pérez ou Dotor

Categorías:  Deportes   Celta

Ricardo Rubio/Europa Press

A DXT prevé 405.000 viaxes en Galicia esta fin de semana, na primeira operación saída

30/06/2025 11:59

Tráfico invita a todos os usuarios da rede viaria a "non esquecer a prudencia e levala tamén de vacacións"


(Europa Press/Andrés Rodríguez)

O TSX de Estremadura non recoñece o aforamento de Gallardo e di que "é unha fraude de lei"

30/06/2025 11:55

O TSXEs considera que o líder dos socialistas estremeños adquiriu a condición de deputado autonómico para eludir a competencia do xulgado de instrución e da Audiencia provincial


Carrera, Ginzo e Araújo, protagonistas da prata europea no Eurobasket

30/06/2025 11:47

Raquel Carrera sobresae, sendo a xogadora da selección que máis puntos anotou no torneo

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  EUROBÁSKET

Europa Press

Xuíces e fiscais comezarán unha folga de tres días contra as reformas do Goberno este martes

30/06/2025 10:52

A folga comeza mañá, e as asociacións responsables tomaron as medidas necesarias para garantir a atención aos cidadáns

O CXPX considera a folga ilexítima por non ter base legal

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  XUSTIZA   FOLGA

O rexistro de alugueiro de curta duración é obrigatorio a partir deste martes

30/06/2025 10:48

Opera sobre o alugueiro turístico, de tempada ou de cuartos 

Recibíronse 199.686 solicitudes, maioritariamente de alugueiro turístico, concentradas nas provincias de Málaga, Gran Canaria, Alacante, Baleares e Barcelona

Os aloxamentos precisan un código de rexistro que debe ser visible nas plataformas en que se anuncian

Etiquetas:  VIVENDA   ALUGUEIRO

EFE/Sergio Pérez

Santos Cerdán ingresa no cárcere de Soto del Real

30/06/2025 10:01

O maxistrado atribúelle a comisión de delitos de organización criminal, suborno e tráfico de influencias

Puente sospeita que pode haber máis beneficiarios das comisións

O exdirixente socialista negou as acusacións ante o Supremo e dixo ser vítima dunha persecución por negociar con Bildu e o PNV

O TSX de Estremadura non recoñece o aforamento de Gallardo e di que "é unha fraude de lei"


EuropaPress

O Fuciño do Porco volve abrir ao público este martes

30/06/2025 09:58

Para poder ir haberá que facer unha reserva 

O tempo da visita será de 45 minutos como máximo

As reservas poderán realizarse a través da páxina web oficial de Punta Fuciño do Porco


(Imaxe directo: Cámara TVG Verín)

Galicia segue en alerta por calor con máximas por encima de 40ºC e noites tropicais

30/06/2025 09:36

Vigo e Lousame rexistraron con 28ºC as temperaturas mínimas máis elevadas na segunda "noite tropical" consecutiva en Galicia


Arquivo/Adrián Irago/Europa Press

Abre o prazo para participar nas viaxes do IMSERSO, que comezan en outubro

30/06/2025 09:32

Teñen ata o 23 de xullo para solicitar unha das 879.213 prazas previstas na nova tempada

Por primeira vez, as persoas con pensións máis baixas disporán dunha tarifa plana de 50 euros

As viaxes de tempada alta custarán 100 euros máis ca as de tempada baixa

 



Galicia xestionará desde este martes toda a costa do país

30/06/2025 09:22

A Xunta prevé que o procedemento único para autorizacións no litoral estea operativo a final de ano

Pretende implantar a xestión integrada para reforzar a seguridade xurídica dos negocios do litoral e simplificar os trámites

A Xunta solicita ao Goberno central a transferencia da xestión dos permisos de traballo


EFE

Sánchez anuncia a apertura en Madrid da Casa de Nacións Unidas

30/06/2025 08:34

Sánchez reclama alzar a voz en favor da cooperación e ante quen busca a rivalidade

O rei pide apontoar en Sevilla os valores do multilateralismo ante os medos actuais


Reuters

O Canadá renova negociación comercial con Trump tras eliminar impostos ás tecnolóxicas

30/06/2025 08:23

"O anuncio de hoxe apoiará a continuación das negociacións cara ao 21 de xullo de 2025, tempo establecido no Cumio de Líderes do G7 este mes en Kananaskis”, agregou Carney



Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE (Alejandro Martínez Vélez-Europa Press)

Cerdán enfróntase este luns ao interrogatorio do xuíz tras o informe da UCO que o sinala

29/06/2025 22:00

O maxistrado cre que puido incorrer en delitos de organización criminal e suborno, tras un informe que revela que Cerdán puido xestionar 620.000 euros en mordidas en favor de Ábalos e Koldo

Montero pide a Santos Cerdán que colabore coa Xustiza na súa declaración no Tribunal Supremo


Xuño acaba con aviso por calor

29/06/2025 22:00

Categorías:  O Tempo

A romaxe de Penas de Rodas volve congregar familias da zona, que desafiaron a calor

29/06/2025 21:34

A festa celébrase desde hai 45 anos nunha paraxe de Outeiro de Rei que destaca pola presencia de dúas rochas de granito de gran tamaño

Etiquetas:  ROMARÍA

Detido en Vigo por agredir a súa nai cun garfo tras discutir por un bote de perexil

29/06/2025 21:33

A muller xa solicitara unha orde de afastamento pola actitude do fillo en situacións anteriores, pero non lle foi concedida


Fin de semana en busca de tesouros no mercado pirata de Ferrol

29/06/2025 21:26

Os postos de artesanía e as actuacións dos bandoleiros conseguiron atraer os visitantes a pesar da calor


Foto: EFE

España estraga unha vantaxe de 12 puntos contra Bélxica, que lle volve gañar o Eurobasket (65-67)

29/06/2025 21:23

As de Miguel Méndez tiñan un 65-53 a falta de 2’56”, pero as belgas remontaron de xeito incrible

Allemand, Linskens e Meesseman botaron o equipo ás costas con 19, 17 e 16 puntos

Paula Ginzo e Raquel Carrera achegaron 11 e 10 puntos; María Araújo non xogou na final


Filipe VI e Letizia saudaron os convidados

Filipe VI destaca o gran valor do cume da ONU en Sevilla: "O multilateralismo é a vía sólida cara á paz"

29/06/2025 21:08

Os reis Filipe e Letizia ofrecen unha cea oficial aos líderes mundiais que asisten ao cumio da ONU en Sevilla

O presidente Sánchez mantivo varias reunións bilaterais antes de inaugurar este luns o cumio, que agarda que sexa un punto de inflexión

70 líderes mundiais acoden a Sevilla para reforzar a solidariedade e o multilateralismo


Deshidratación, esgotamento e golpes de calor son os perigos de traballar fóra nestes días

29/06/2025 21:03

As altas temperaturas rexistradas estes días supoñen un reto importante para os traballadores. A

Toda España baixo a vaga de calor: avisos laranxa ou amarelo en todas as comunidades autónomas

29/06/2025 20:39

Investigan se unha traballadora da limpeza faleceu por un golpe de calor en Barcelona

O sábado acadouse un récord histórico para o mes de xuño: 46 graos na localidade onubense de El Granado


Os peregrinos abafan con tanta calor facendo o Camiño

29/06/2025 20:17

Axúdanse de beber auga, levar a cabeza cuberta e madrugar para poder peregrinar en mellores condicións


Imaxe de arquivo de bidóns radioactivos. EFE

Atopan outros 600 bidóns radiactivos fronte ás costas de Galicia e xa suman 1.800

29/06/2025 19:47

O director da investigación que se realiza a bordo do oceanográfico L'Atalante asegura que a zona na que se realizou a busca xa fora supervisada en 1983 por un submarino francés

A expedición oceanográfica francesa que ten como obxectivo avaliar o estado da Foxa Atlántica fronte ás costas de Galicia

O Goberno di que "tratará de dar unha solución" aos residuos radiactivos da Foxa Atlántica


Iván Romeo confirma o salto ao estrelato ao proclamarse campión de España de ciclismo

29/06/2025 19:29

O galego Carlos Canal, compañeiro de equipo de Romeo, acabou no posto 22 a máis de dez minutos do gañador

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  CICLISMO

O Pesca 1 foi o encargado de evacuar o bañista

Dous bañistas afogados no Val Miñor en menos de 24 horas

29/06/2025 19:16

O falecido este domingo fora rescatado en parada cardiorrespiratoria polo helicóptero Pesca 1

Rescatadas catro persoas que non eran capaces de saír do mar na praia de Carnota


DeWayne Russell conducirá o xogo do Río Breogán

29/06/2025 18:57

O equipo galego confirma a fichaxe do base estadounidense de 31 anos que chega procedente do Petkim Spor turco

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN


Probas oficial do circuíto mundial Junior WSL. Fotos cortesía WSL

Remata o Gadis Surf Festival de Ferrol, cinco días de ondas coa elite mundial

29/06/2025 17:30

Celebráronse dúas probas oficiais do circuíto mundial: a Longboard LQS 1000 e a Júnior WSL JQS 1000

Ademais das probas de surf, o festival tivo música en vivo, espazos gastronómicos, ludoteca e mercado artesán

Etiquetas:  SURF   DEPORTES


María Jesús Montero, este domingo en Sevilla (Joaquín Corchero-Europa Press)

Montero pide a Santos Cerdán que colabore coa Xustiza na súa declaración no Tribunal Supremo

29/06/2025 16:53

Espera que o Comité Federal do próximo sábado sexa un "abrazo fraternal" dos socialistas tras a "dor" provocada polo caso


A Xunta promoverá as Illas Atlánticas con actividades gratuítas de observación astronómica

29/06/2025 16:41

A Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (FEGAR) difundirá os valores que desde 2016 acreditan este espazo como destino turístico Starlight

A programación arrincará este martes e prolongarase ata a primeira fin de semana de setembro

Éste é o noveno ano consecutivo que se realizan estas actividades

 


O tomiñés Manu Ochoa volve pisar o podio na Copa do Mundo de Praga

29/06/2025 16:32

Viña de gañar a anterior proba en Lleida e acaba no terceiro posto na capital da República Checa

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  PIRAGÜISMO

O coruñés Carlos Martínez proclámase campión do Mundo de baloncesto 3x3

29/06/2025 15:25

Derrotaron na final a Suíza por 21-17 e conseguen o galardón por primeira vez para a selección española

Categorías:  Deportes

Cine e embarcacións tradicionais de pesca únense en Marín

29/06/2025 15:21

As actividades paralelas do festival Cine do Mar incluíron un encontro de embarcacións tradicionais no porto de Marín


Pecha a campaña da centola con máis de seis millóns de euros de facturación

29/06/2025 15:03

Esa facturación en primeira venda é a maior da historia

Segundo as cifras de Pesca de Galicia, teranse poxados nas lonxas galegas máis de 484.000 quilos

A vindeira campaña que comezará no outono

Publicidade
Publicidade