Publicador de contidos

Publicador de contidos

A romaxe de Penas de Rodas volve congregar familias da zona que desafiaron a calor

A romaxe de Penas de Rodas volve congregar familias da zona que desafiaron a calor

A festa celébrase desde hai 45 anos nunha paraxe de Outeiro de Rei que destaca pola presencia de dúas rochas de granito de gran tamaño

G24.gal 29/06/2025 21:34

A romaxe de Penas de Rodas, no concello lugués de Outeiro de Rei, reúne todos os anos "veciños, que se xuntan para comer empanadas ou tortillas" no campo. É o que explica un dos asistentes.

O nome da festa venlle pola presenza dunhas pedras de granito, de grandes dimensións. Indican desde a organización que "xa imos pola 45 edición", e outra compañeira engade que "sínteste en paz e tranquilo en relación coa natureza".

O pregoeiro destaca a singularidade deste enclave. Manifesta Guido Álvarez que é "un lugar máxico a nivel patrimonial, histórico e natural e que invita a especular por que están estas rochas aquí".

Centos de familias gozaron desta xornada marcada pola calor a pesar do abeiro das rochas e as árbores. Coinciden varios asistentes en que a romaxe "aumentou" e que "todo é precioso, pero non estamos acostumados a esta calor". Unha terceira persoa expresa que "o ambiente é precioso e que con tanta xente por aquí da gusto".

Artesanía, música e teatro completan o programa desta romaxe tradicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade