Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos abafan con tanta calor facendo o Camiño

Os peregrinos abafan con tanta calor facendo o Camiño

Axúdanse de beber auga, levar a cabeza cuberta e madrugar para poder peregrinar en mellores condicións

G24.gal 29/06/2025 20:17

Visitamos Palas de Rei para coñecer as condicións nas que os peregrinos fan o Camiño con temperaturas que, nalgúns puntos, estes días rondan os corenta graos.

Así o Camiño fáiselles moito "máis duro", segundo nos comentaron todos os romeiros cos que falamos.

Madrugar, beber moita auga, tapar a cabeza, refrescarse e buscar a sombra o máximo posible son algúns dos trucos que empregan para sobrelevar estas temperaturas.

Segundo nos comenta María José Peña, a encargada dun supermercado de Palas de Rei, "o que máis se vende é auga, plátanos e xeados", os bens máis prezados polos peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade