Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Romeo confirma o salto ao estrelato ao proclamarse campión de España de ciclismo

Iván Romeo confirma o salto ao estrelato ao proclamarse campión de España de ciclismo

O galego Carlos Canal, compañeiro de equipo de Romeo, acabou no posto 22 a máis de dez minutos do gañador

G24.gal 29/06/2025 19:29

Unha das grandes promesas do ciclismo español é Iván Romeo. O ciclista vallisoletano (21 anos) chegaba ao campionato de España despois de gañar unha etapa de prestixio na Dauphiné Liberée. Nas estradas de Granada non defraudou Romeo cunha exhibición de forza e clase coa que vestirá durante un ano a camisola vermella e amarela. 

A sesenta quilómetros da meta formouse un grupo moi perigoso que acabou xogándose o título. Entre eles estaban Romeo (Movistar), Berrade (Kern Pharma), Juanpe López (Lidl), Mario Aparicio (Burgos), Fernando Barcelo (Caja Rural) ou Adriá Roger (Bora). Conseguiron abrir camiño diante dun pelotón no que estaba o galego Carlos Canal. 

O Movistar xogouno todo á opción de Romeo que primeiro marchou a carón de José Félix Parra e Barcelo e acabou indo en solitario a 20 quilómetros do final. Ninguén puido paralo. Por detrás Fernando Barcelo gañou a partida pola prata e chegou a 54 segundos. A loita polo bronce acabou nun esprinte entre Roger e Juampe con triunfo para Adriá Roger, que chegou a 1'53'' do gañador. Canal acabou no posto 22, a máis de dez minutos do seu compañeiro de equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade