Un lucense vai percorrer todas as etapas do Tour cunha finalidade solidaria
Javier García Reboredo percorrerá cada etapa un día antes que o pelotón profesional
O obxectivo é recadar 20.000 euros para a asociación DEBRA Pel de Bolboreta
O Tour de Francia que hoxe principiou en Lille xa ten un gañador. Trátase do lucense Javier García Reboredo, que, un mes despois de rematar o Giro, se lanza agora a completar todas as etapas da rolda francesa por un fin solidario.
O reto Igare. Conseguir 20.000 euros para a asociación Debra Pel de Bolboreta.
A fazaña medra en importancia o realizala sen máis axuda que as mans, as pernas e a mochila. E cubrindo todos os traslados en bicicleta a cada unha das saídas.
En total, Reboredo percorrerá en solitario máis de 7.000 quilómetros por toda Francia.
Co reto Igare, Reboredo conta con pasar polo Arco do triunfo.