Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Martín Rey dá o salto ao ciclismo profesional co Burgos Burpellet BH

O galego Martín Rey dá o salto ao ciclismo profesional co Burgos Burpellet BH

Formado na canteira do Cortizo e gañador da Volta a Galicia do 2023, o vilagarcián alzouse este ano como primeiro ciclista galego da historia en gañar o ránking nacional elite e sub-23

G24.gal 10/11/2025 13:17 Última actualización 10/11/2025 13:19

O Burgos Burpellet BH incorporará a próxima tempada ás súas filas a unha das grandes promesas do ciclismo nacional. Martín Rey (Vilagarcía de Arousa, 2003) dará o salto ao profesionalismo desde o Club Ciclista Padronés-Cortizo, onde competiu as últimas tres tempadas. Martín é xa o noveno corredor que se beneficia do acordo de formación entre as estruturas burgalesa e coruñesa e xa puido competir en calidade de stagiaire co equipo morado en 2024 no Circuíto de Langkawi.

O ciclista de 22 anos asina co UCI ProTeam por dúas tempadas (2026 e 2027). O pontevedrés é un corredor moi polivalente, capaz de render a bo nivel tanto nas xornadas de montaña como nas máis chairas e ao que lle gustan especialmente as voltas por etapas.

Gañador da Volta a Galicia en 2023 e medallista de bronce no Campionato de España de 2024, esta tempada 2025 deu un paso adiante, acabando como líder da clasificación sub-23 da RFEC e segundo na xeral da Copa de España Elite e sub-23 grazas a triunfos como os logrados na Volta a Castela e León e a Santikutz Klasika.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade