Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentado oficialmente o Gran Camiño, que vai contar cos dous mellores equipos do mundo

Presentado oficialmente o Gran Camiño, que vai contar cos dous mellores equipos do mundo

UAE e Visma confirmaron a súa presenza na proba, que se celebra entre o 14 e o 18 de abril

G24.gal 07/02/2026 12:00

O Gran Camiño xa quenta motores para a edición deste ano, que trae un cambio de datas. Disputaráse entre o 14 e o 18 de abril, e onte foi presentada oficialmente en Padrón.

A rolda de 2026 comezará o día 14 de abril cunha contra reloxo individual na Coruña. A Torre de Hércules será o marco incomparable da saída e da chegada do percorrido de 14,8 quilómetros.

A carreira desprázase o día seguinte á provincia de Lugo: Vilalba e a Praia de Coto, en Barreiros, quedarán unidas por un percorrido de 158 quilómetros.

O 16 de abril O Gran Camiño sae de Carballo para chegar a Padrón, despois de 173 quilómetros e un desnivel acumulado de case 2.500 metros.

Para o día 17 queda a etapa raíña, polas estradas de Ourense. Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadañedo serán os escenarios da saída e da chegada dunha etapa de 155 quilkómetros.

A última etapa, o día 18, transitará por Pontevedra, con saída nas Neves, e chagada en alto na Guarda.

Confírmase a partipación de UAE e Visma, os dous mellores equipos do mundo. Competirán cos españois Movistar, Burgos BH, Euskaltel, Caja Rural e Kern Farma, e cos cinco equipos portugueses que participaron a pasada edición. 

Ezequiel Mosquera deixou claro que estamos diante dunha volta ciclista diferente: "Non é unha Volta a... É o Gran Camiño. Permítenos transmitir o que é Galicia. Isto é historia, é contar ciclismo a través do camiño máis antigo do mundo", subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade