Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cortizo presentou a súa tempada máis ambiciosa no seu 70 aniversario

O Cortizo presentou a súa tempada máis ambiciosa no seu 70 aniversario

O Club Ciclista Padronés celebrou a posta de longo do seu proxecto para a nova tempada

Marcos Serrano contará este curso cun equipo de 19 corredores

O club anunciou a continuidade de Maksym Bilyi, vencedor da Volta a Galicia

G24.gal 05/02/2026 16:39 Última actualización 05/02/2026 16:51

Na gala, que tivo lugar no Campus Tecnolóxico de Cortizo, a entidade padronesa estivo arroupada por preto de catrocentas persoas entre as que se atopaba unha ampla representación de ilustres do ciclismo galego, como Álvaro Pino, Óscar Pereiro e Ezequiel Mosquera.

Martín Rey, o último en dar o salto ao Burgos BH desde o Padronés Cortizo, tamén quixo estar presente nun día tan sinalado. Polo escenario do auditorio desfilaron máis de medio centenar de ciclistas, nenos, nenas e mozas con idades comprendidas entre os tres e os 25 anos, que unha campaña máis volverán representar ao equipo en todas as divisións.

Marcos Serrano e Modesto Pérez contarán este curso cun equipo de 19 corredores. Desde a dirección deportiva, volverá apostar pola mocidade, reivindicando un proxecto que busca ser o trampolín de corredores cara ao ciclismo profesional.

As novas incorporacións chegan cunha dilatada traxectoria, non só no calendario español, senón tamén internacional, ademais de ciclistas debutantes como sub-23 tras brillar na súa etapa júnior.

O Padronés Cortizo afrontará o 2026 cunha ducia de incorporacións. Unha das sorpresas da noite chegou co capítulo de renovacións, xa que o club anunciou a continuidade de Maksym Bilyi, vencedor da Volta a Galicia, o trofeo Guerrita e a Clásica de Torredonjimeno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar