Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia acollerá a saída da Volta ciclista a España feminina 26

Galicia acollerá a saída da Volta ciclista a España feminina 26

A organización desvelará o percorrido nunha gala que se celebrará o próximo 9 de marzo ás 19:00 no Auditorio Municipal de Ribeira

G24.gal 17/02/2026 13:51 Última actualización 17/02/2026 13:57

Galicia será o punto de partida da Volta ciclista a España feminina de 2026, informou este martes a organización da carreira, que o ano pasado arrincara en Barcelona.

O territorio galego, escenario habitual da Volta, xa acolleu en 2021 as catro etapas daquela edición. A neerlandesa Demi Vollering, número 1 da clasificación mundial, gañou as últimas dúas edicións.

A organización desvelará o percorrido da Volta Feminina 26 by Carrefour.es nunha gala que se celebrará o próximo 9 de marzo ás 19:00 no Auditorio Municipal de Ribeira (A Coruña).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade