Presentouse a etapa do Gran Camiño entre Carballo e Padrón
Nesta edición volverán ser cinco días como en 2025, e as cinco etapas vanse disputar en Galicia
Hoxe coñecemos o nome das localidades que unirán unha das etapas do Gran Camiño 2026: Carballo e Padrón. Faltan tres meses para a celebración da quinta edición do Gran Camiño. Este ano será na terceira semana de abril.
Volverán ser cinco días como en 2025. As cinco etapas vanse disputar en Galicia. A etapa que unirá Carballo con Padrón presentouse esta mañá na Casa de Rosalía. Dúas vilas con paixón polo ciclismo. Aínda queda por concretar o itinerario e a orde de etapas.
🏠 A Casa de Rosalía acolleu a presentación da etapa coruñesa @Depucoruna de O Gran Camiño #OGC26
— O Gran Camiño (@ograncamino_thr) January 16, 2026
Unimos dúas vilas de fonda pegada ciclista. Da capital de Bergantiños ao berce da tradición Xacobea.
O Gran Camiño. Etapa 3
🚩 Carballo @carballo_gal
🏁 Padrón #concellodepadron pic.twitter.com/cMRikWG3gB