O Gran Camiño troca de data e celebrarase na primavera
A 5ª edición da proba galega disputarase do 14 ao 18 de abril de 2026
O troco débese ás malas condicións climatolóxicas das derradeiras probas
O Gran Camiño deu un paso máis de cara a celebración da 5ª edición. A proba ciclista, que se leva disputando no mes de febreiro dende que naceu, acadou o troco de data para o ano 2026. Esta medida era un dos obxectivos principais da organización galega, xa que nas derradeiras edicións as malas condicións climatalóxicas foron un lastre a nivel mediático e incluso para os propios deportistas.
A 5ª edición celebrarase do 14 ao 18 de abril de 2026. Así o anunciou a proba nas súas redes sociáis: "Que bonita é a primavera ciclista. Galicia florece e o noso deporte tórnase en pura épica". Pese a este avance, a proba non subirá de categoría.