Cargando resultados...
O Celta xogará ante un PAOK que está intratable no seu estadio
O equipo grego perdeu en Balaídos na fase de liguiña
G24.gal
17/02/2026 11:16
Última actualización 17/02/2026 11:25
O premio de estar en Europa pasa a agora a outro nivel de esixencia. En tres días o Celta visita o Paok de Salónica, nunha eliminatoria de ida e volta na procura dos oitavos de final. Antes de viaxar a Barcelona xa se albiscaba un partido ilusionante.
"Claudio: Temos de xogar a eliminatoria na que queriamos estar e seguir medrando en competición europea"
O empate contra o Español deixa sensacións positivas, como a capacidade de repoñerse ante decisións arbitrais rebuscadas. O equipo persevera e Borja Iglesias segue nun gran momento. Con dez goles, está entre os tres máximos goleadores españois.
A porta a cero cobra importancia en Europa. O Paok perdeu en Balaídos na fase de liguiña pero amósase intratable no seu campo, onde derrotou o Betis hai tres semanas.
Ningún equipo da liga española gañou no estadio dun PAOK que chega á cita cunha boa serie ante un cadro vigués en boa liña, pero sen resultados
A aposta inicial de Giraldez pode incluir a Iago Aspas, que xogou os últimos minutos en Cornellá e adoita ser protagonista en competición europea.