Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Israel Premier Tech cambia de nome "para afastarse da actual identidade israelí"

O Israel Premier Tech cambia de nome "para afastarse da actual identidade israelí"

A dirección do equipo recoñece "a necesidade dun cambio"

Protestas contra a participación do equipo na Vuelta. Reuters Protestas contra a participación do equipo na Vuelta. Reuters
G24.gal 06/10/2025 18:15

O Israel-Premier Tech, fundado hai 11 anos, deixará de chamarse así, tal e como informou o equipo ciclista este luns nun comunicado, en que explicaron a súa intención de "afastarse da súa actual identidade israelí".

"Cun compromiso inquebrantable cos nosos corredores, persoal e valiosos socios, tomouse a decisión de cambiar o nome e a imaxe da marca do equipo, afastándose da súa actual identidade israelí. No deporte, o progreso a miúdo require sacrificios, e este paso é esencial para asegurar o futuro do equipo", apuntaron no documento.

Hai once anos fundouse o equipo Cycling Academy coa visión de fomentar o talento novo de países non tradicionais no ciclismo, como Israel, proporcionando aos aspirantes a ciclistas unha vía clara cara ao ciclismo profesional.

O Israel-Premier Tech pasou a chamarse así hai catro anos, e durante este período os propietarios e a dirección do equipo recoñeceron "a necesidade dun cambio".

O empresario canadense Sylvan Adams, dono do grupo, decidiu retirarse da súa participación diaria e xa non falará en nome do equipo, "centrándose no seu papel como presidente do Congreso Xudeu Mundial", para a tempada 2026.

Para finalizar, o comunicado indicou que o novo nome "revelarase pronto" e que o equipo "seguirá fiel á súa promesa fundacional", é dicir "desenvolver o talento ciclista de todo o mundo"

A decisión do cambio de nome chega tras a protestas vividas durante a Volta a España contra a participación do equipo. Xa durante a carreira, para intentar calmar esas protestas, o equipo quitou do maillot a palabra Israel. A medida resultou infrutuosa e as protestas seguiron ata a última etapa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade