Un morto e dous feridos críticos polo impacto dun mísil iraniano no centro de Israel
Traballadores do servizo de emerxencias en Yehud (Reuters/Nir Elias)
O impacto dun mísil iraniano na zona central de Israel causou un morto e dous feridos críticos, o que supón o primeiro falecido en territorio israelí desde o pasado 1 de marzo, día en que morreron nove persoas.
O servizo de emerxencias informou do falecemento dun home duns 40 anos en Yehud, localidade próxima ao aeroporto de Ben Gurión, despois de que se rexistraran varios impactos no centro de Israel.
Este servizo indicou que, ao chegar á obra afectada pola caída, atopouse con dous homes inconscientes e que, tras realizar a manobras de reanimación, declarouse a morte dun deles. O segundo ferido foi trasladado ao hospital.
Descoñécese o lugar exacto dos impactos, xa que a censura militar israelí non deixa publicalos, especialmente se danan infraestruturas críticas ou militares.
A última vez que se reportaron vítimas mortais en Israel por mísiles de Irán foi o 1 de marzo, cando caeu un proxectil nunha sinagoga na localidade de Beit Shemesh, próxima a Xerusalén, e morreron nove persoas.Un día antes reportouse outra vítima en Tel Aviv polo impacto dun mísil nun edificio residencial.
As alarmas non deixaron de soar en territorio hebreo durante todos os días desta guerra iniciada polos Estados Unidos e Israel o pasado 28 de febreiro, con máis intensidade agora no norte -onde se suman os ataques de Hezbollah- e en Tel Aviv.