Cargando resultados...
O Israel Premier Tech cambiará de nome
O club ciclista explicou nun comunicado que queren "afastarse da súa actual identidade israelí¨

G24.gal
06/10/2025 18:35
Este luns, o equipo ciclista Israel Premier Tech anunciou a decisión de cambiar o nome do club logo da polémica de La Vuelta 2025. Un dos argumentos que explica o equipo no comunicado é a súa intención de ¨afastarse da súa actual identidade israelí¨. Dende o club tamén din que pese ao sacrificio, ¨este paso é esencial para asegurar o futuro do equipo¨. De momento, non hai novo nome, pero nos próximos días farase oficial.