Cargando resultados...
Jasper Philipsen, primeiro gañador e lider do Tour 2025
G24.gal
05/07/2025 21:08
Comezou o Tour de Francia e o primeiro duelo entre os velocistas levouno o belga Philipsen. Que é tamén o primeiro maillot amarelo desta edición.
Que un espinter se vestira de amarelo é algo que non pasaba dende o ano 2020. Pero esta etapa inaugural con saída e chegada en Lille non presentaba grandes dificultades con tres portos de terceira e era propicia para o esprinte. Nos últimos 17 quilómetros non houbo tregua. Mañá, segunda etapa de 209 quilómetros cun treito final moi duro para chegar á Boulogne-sur-Mer.