Cargando resultados...
Falece aos 82 anos José Manuel Díaz Novoa
Moi ligado ao Sporting de Xixón, ao que dirixiu en múltiples ocasións, foi tamén xogador do Celta nos 60 e adestrador do equipo vigués
G24.gal
05/07/2026 21:11
Hoxe faceleu José Manuel Díaz Novoa aos 82 anos de idade. Vinculado durante moitos anos ao Spórting de Xixón, tamén estivo no Celta como xogador a finais dos sesenta e como adestrador na temporada 88-89. Unha campaña moi difícil na que se sucederon o accidente de Alvelo e a morte de Quinocho. Aínda así, logrou un excelente oitavo posto ao final da liga.