O violinista escocés Alasdair Fraser ilumina o Encordas Fiddle Fest de San Simón
Artistas emerxentes e consolidados conviven desde o xoves na Illa onde se celebra este festival internacional
Artistas emerxentes e consolidados conviven desde o xoves na Illa de San Simón onde se celebra o Encordas Fiddle Fest, un festival internacional que naceu para mesturar a música galega coa doutras culturas.
Alasdair Fraser, que dirixe a orquesta de violinistas escoceses de San Francisco, conversa con Alfonso Franco, unha figura do violín tradicional galego que dirixe este Festival de San Simón.
Cando no 2011 coincidiron no Fiddle Fest de California puxeron a semente deste Encordas na illa da memoria, unha xuntanza na que con clases mestras, concertos e obradoiros todos aprenden de todos.
Grazas a esta experiencia, ano tras ano en San Simón, foron saíndo violinistas como Begoña Riobó, que pasou de alumna a mestra. Desde o xoves, nesta edición de tal admiración ao mestre, as cordas escocesas e as galegas soaron en toda a Illa.