Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borrón de España en Xeorxia no seu camiño ao Mundial

Borrón de España en Xeorxia no seu camiño ao Mundial

A selección de Chus Mateo buscaba a sexta vitoria noutros tantos partidos, pero caeu na prórroga (91-89)

Foto: @BaloncestoESP
G24.gal 05/07/2026 21:03

A selección española buscaba hoxe a sexta vitoria en seis partidos na primeira fase de clasificacion para o Mundial. Porén, perdeu fronte a Xeorxia nun errático final.

Todo semellaba conducir ao triunfo dos de Chus Mateo, que adquiriron unha cómoda vantaxe practicamente desde o inicio. No terceiro cuarto, a máxima diferenza chegou a ser de 22 puntos a pesar do desacerto no tiro exterior.

Xeorxia remontou da man do barcelonista Shengelia, 37 puntos, e de Reed, que anotou 32. Forzou a prórroga e obtivo o triunfo cunha canastra de Reed. Cárdenas errou o último lanzamento. España pasa a seguinte fase cin 5 vitorias e unha derrota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade