Publicador de contidos

Publicador de contidos

España vence con solvencia 3-0 a Austria e métese en oitavos

España vence con solvencia 3-0 a Austria e métese en oitavos

Marcaron Oyarzábal (2) e Pedro Porro cunha gran testada

Borja Iglesias segue sen debutar

G24.gal 02/07/2026 19:18 Última actualización 02/07/2026 22:58

A selección española de fútbol enfrontouse esta noite a Austria nun decisivo duelo correspondente aos dezaseisavos de final do Mundial 2026. Tras unha fase de grupos de menos a máis, o conxunto dirixido por Luis de la Fuente encaraba a primeira gran proba do "gañar ou morrer" no SoFi Stadium de Los Ángeles. A solidez defensiva da Vermella, que chegaba imbatida ao torneo sen encaixar un só gol (0-0 ante Cabo Verde, 4-0 contra Arabia Saudí e 0-1 fronte a Uruguai), mediuse contra a combatividade e o xogo directo do combinado austríaco de Ralf Rangnick.

O técnico español tivo que recompoñer o seu esquema habitual debido ás sensibles baixas nos extremos de Nico Williams e Yeremy Pino, quen arrastraban molestias tras a esixente batalla física do último partido. Esta situación outorgoulle a titularidade e os galóns a Álex Baena e Dani Olmo para escoltar a Lamine Yamal no ataque, buscando romper o intenso entramado defensivo dunha Austria que chegara a esta rolda de xeito agónico cun gol no minuto 96 ante Alxeria. O respecto entre ambos os dous equipos era máximo, máis aínda sabendo que o único precedente en Copas do Mundo remontábase a Arxentina 1978, onde os austríacos venceran por 2-1.

O encontro estivo marcado pola preparación táctica previa, onde España incluso dedicou as súas últimas sesións a ensaiar as tandas de penaltis para evitar pantasmas do pasado.

O encontro tivo pouca historia ata a pausa de hidratación. España non sufriu pero Austria non chegou con perigo.

Xusto no reinicio marcou Cucurella pero o colexiado anulouno por falta anterior ao porteiro. Era o minuto 29.

España dominaba e atopou o premio cun gran centro de Cucurella que rematou a gol Oyarzábal no minuto 37.

España puido marcar outro cun lanzamento o pau de Baena no tempo de prolongación.

Só dous minutos despois, España volveu achegarse e Oyarzabal diparou a gol pero recibiu unha boa parada do cancerbeiro austríaco.

Austria fixo dous trocos no descanso pero os de Luis de La Fuente seguiron dominando pero con pouca pólvora.

O premio chegou no minuto 65 cun centro medido de Baena que rematou cunha gran testada Pedro Porro, o seu primeiro gol coa selección.

A sentencia chegou nos minutos finais. Como no primeiro gol, outra vez houbo centro de Cucurella que remata por segunda vez a gol Oyrazábal. Con 3-0 rematou o encontro.

O desgaste e a estratexia sobre o céspede de California definiron un choque de alta tensión onde o premio non era pequeno: o billete para os oitavos de final, onde xa agarda o gañador do durísimo duelo europeo entre Portugal e Croacia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade