Cargando resultados...
Van del Poel supera a Pogaçar e Vingegaard e é o novo lider do Tour
G24.gal
06/07/2025 20:12
E no Tour de Francia disputouse a segunda etapa. E como sucedeu na primeira, os favoritos deixáronse ver noutro día intenso de competición.
As dúas subidas dos últimos quilómetros, curtas pero moi duras, provocaron ataques que reduciron o grupo cabeceiro. Con Enric Mas entre eles, a chegada deparou un duro esprinte no que se impuxo o neerlandés Mathieu Van der Poel, quen se converte no novo líder da carreira. No segundo e o terceiro lugar, os mesmos postos que ocupan xa na xeral, entraron os dous grandes favoritos, Pogaçar e Vingegaard, que volveron demostrar que a loita polo Tour non vai dar tregua nin un só día.