Publicador de contidos

Publicador de contidos

DeWayne Russell conducirá o xogo do Río Breogán

DeWayne Russell conducirá o xogo do Río Breogán

O equipo galego confirma a fichaxe do base estadounidense de 31 anos que chega procedente do Petkim Spor turco

G24.gal 29/06/2025 18:57

O Río Breogán segue engadindo pezas para o proxecto da vindeira temporada. O último en asinar contrato é o base dos Estados Unidos DeWayne Russell (1994). Chega procedente do Petkim Spor de Turquía onde a temporada pasada acreditou 8'4 puntos e 5'5 asistencias nun conxunto que xogou competición europea -BCL-. 

Desde 2017 atópase en Europa pero nunca xogou na ACB. Estivo no Nancy de Francia, no Treviso de Italia e nos Merlins e Oldenburg de Alemaña. Precisamente neste último equipo foi onde asinou os mellores números da súa carreira -20'3 puntos e 7'7 rebotes-. 

Con DeWayne Russell queda completa a liña exterior do Breogán. Faltarían dúas pezas interiores. Os dez xogadores que ten confirmados o cadro lugués son: Russell, Mavra, Erik Quintela, Aranitovic, Kurucs, Cook, Alonso, Apic, Sakho e Dibba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade