Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filipe VI destaca o gran valor do cume da ONU en Sevilla: "O multilateralismo é a vía sólida cara á paz"

Filipe VI destaca o gran valor do cume da ONU en Sevilla: "O multilateralismo é a vía sólida cara á paz"

Os reis Filipe e Letizia ofrecen unha cea oficial aos líderes mundiais que asisten ao cumio da ONU en Sevilla

O presidente Sánchez mantivo varias reunións bilaterais antes de inaugurar este luns o cumio, que agarda que sexa un punto de inflexión

70 líderes mundiais acoden a Sevilla para reforzar a solidariedade e o multilateralismo

Filipe VI e Letizia saudaron os convidados
G24.gal 29/06/2025 21:08

O rei Filipe VI considerou este domingo a IV Conferencia Internacional da ONU sobre Financiamento para o Desenvolvemento, que se celebra en Sevilla, como unha proba de que o multilateralismo é o mellor e máis duradeiro camiño cara á paz e o progreso e unha fonte de esperanza ante os aterradores acontecementos que vive o mundo.

Os Reais Alcázares de Sevilla acolleron a cea oficial ofrecida polos Reis de España aos 70 mandatarios que asisten desde este luns á IV Conferencia da ONU sobre Financiamento para o Desenvolvemento, que se celebra na capital andaluza ata o xoves.

Filipe VI e Letizia saudaron os convidados, dos que 35 son xefes de Estado, 12 xefes de goberno e unha trintena de representantes de organismos internacionais, ademais de presidentes e autoridades españolas. Nas horas previas, o monarca mantivo varias reunións bilaterais. A primeira foi co secretario xeral da ONU António Guterres.

Tamén o presidente do goberno español celebrou encontros bilateriais antes de participar nun acto de Global Citizen Now sobre o aumento das enerxías renovables no continente africano e a protección do Amazonas.

"Este é momento para cambiar o rumbo, e creo, de verdade, que temos a vontade e os medios para facelo", dixo. Pedro Sánchez considera que os recortes nas axudas ao desenvolvemento son unha ameaza para o progreso sostible e asegura que en momentos de incerteza e tensións hai que reforzar o multilateralismo.

Tras reiterar o compromiso de España de chegar ao 0.7 por cento do PIB en axuda ao crecemento, Sánchez apelou ao resto dos países para que se sumen a ese obxectivo, que permitiría reducir a débeda nos países con dificultades.

"Esta conferencia non é só outra reunión, dixo, non debería ser outra reunión, é o momento da verdade", asegurou.

Sánchez preside este luns a IV Conferencia sobre Financiamento para o Desenvolvemento das Nacións Unidas, da que se descolgaron os Estados Unidos por non estaren de acordo coa declaración final que se vai aprobar na xornada inaugural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade