Trasladan en helicóptero o Hospital Álvaro Cunqueiro un bañista rescatado nun río en Baiona
Se lle perdera de vista cando nadaba pola desembocadura do Miñor

Un home ao que se perdera de vista cando nadaba pola desembocadura do Miñor, entre Nigrán e Baiona, foi finalmente rescatado polos servizos de emerxencias e evacuado no helicóptero Pesca 1 o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Ao parecer estaba en parada cardiorespiratoria cando foi rescatado.
🔴 #AXEGAInforma do rescate dun home ao que perderan de vista cando cruzaba a nado unha zona de pouco calado na desembocadura do río, en Baiona.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 29, 2025
📍 Santa Cristina da Ramallosa.
➡️ Rescatado e trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro en helicóptero de @GardacostasGal.
(1/2) https://t.co/ZqRffnpwhx pic.twitter.com/4z3SZWMlyB
Polo momento descoñécense máis detalles do suceso, que tivo lugar cando se atopaba nunha zona de poca profundidade de Santa Cristina da Ramallosa. Foron as persoas que navegaban con el os que deron aviso o 112. Ao parecer trátase dun grupo de excursionistas da zona de Ourense que estaban nas inmediacións dun cámping da zona.
No dispositivo participaron tamén efectivos da Policía Local de Baiona e de Protección Civil Val Miñor.