Cargando resultados...
Rescatan en helicóptero un home lesionado no Ézaro
O accidentado estaba nunha zona de difícil acceso preto do río Xallas
G24.gal
27/08/2025 17:31
Un home tivo que ser evacuado este mércores en helicóptero no Ézaro tras sufrir unha lesión nunha perna que lle impedía camiñar.
O 112 Galicia informou de que o aviso chegou ás 12:00 horas por parte dun particular que alertou do incidente preto do río Xallas.
Debido á dificultade do terreo, foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca II de Salvamento Marítimo para efectuar o rescate.
Ademais do equipo aéreo, o 112 avisou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Cee e a Garda Civil.