Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha muller tras caer nunha zona rochosa de punta Herminia

Rescatan unha muller tras caer nunha zona rochosa de punta Herminia

Un pescador foi quen deu o aviso contra as sete da tarde deste mércores

Por mor da dificultade do terreo foi imprescindible a intervención dos bombeiros

G24.gal 18/09/2025 14:12

Os bombeiros rescataron unha muller dunha zona rochosa de difícil acceso. Unha ambulancia achegouse ao lugar para  trasladala ao CHUAC.

"Caeu e tiveron que acudir os servizos de Salvamento Marítimo e a ambulancia. É unha zona de difícil acceso", comenta Javier Mariñas, patrón maior da confraría de pescadores da Coruña.

Eran as sete da tarde deste mércores e foi un pescador quen deu o aviso. Daquela o mar, aparentemente, non se vía perigoso.

"O mar non está perigoso, pero sabendo que estamos nun sitio de mar aberto, sempre hai que andar con moito coidado. Esta é unha zona de paseo marítimo, pero que dá directamente ao mar, a mar aberto", explica Mariñas.

Unha zona complicada en que este accidente non foi o primeiro.

"É unha zona onde hai moitos accidentes, e moitas veces por imprudencia das persoas", conclúe o patrón maior da confraría de pescadores.

Desta volta, quedou nun susto. Pero as consecuencias deste novo accidente na zona de punta Herminia puideron ser fatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade