A reciclaxe de moda e tecnoloxía, unha opción en auxe
Reciclar e reutilizar está en auxe e repuntan os arranxos de roupa, calzado e dispositivos electrónicos
Xa non adoitamos zurcir calcetíns ou medias, pero darlles nova vida a outras pezas de roupa, calzado e complementos é unha tendencia á alza que pouco a pouco tamén convence a xente nova.
"As avoas din que a neta ía tirar este bolso e ao mellor só hai que cambiar o tirador", subliña a zapateira lucense Lucía Gregocio.
"Dáche magoa desfacerte delas" e "hai que arranxar os zapatos porque van moi caros", din os clientes.
Todo son vantaxes, sexa por aforro económico ou por comodidade.
"Os zapatos cando están un pouquiño usados e cando son máis cómodos"e "hai que darlle nova vida a ese fondo de armario que temos na casa".
Unha aposta pola economía local e a moda circular fronte ao consumismo, porque todo ten arranxo.
"Reparamos calzado de trekking, de trail, de motorocrós, ata pés de gato para os escaladores"
Moitas veces reciclamos roupa herdada con valor sentimental.
"Ao mellor é unha peza de súa nai, que morreu, tenlle querenza e tráena para adaptala a ela", subliña a modista lucense Catalina Maftei.
E tamén podemos alongarlles a vida aos nosos dispositivos electrónicos.
O reparador Yoel Alonso subliña o aforro que pode supoñer, de centos de euros. "Se comparas arranxar un Iphone12 con mercar un Iphone17 aforrarías entre 600 e 800 euros".
Son profesionais cada vez máis valiosos capaces de dar nova vida aos nosos obxectos máis queridos.