Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo: "Debémoslles ás vítimas e aos seus familiares saber exactamente que pasou"

Feijóo: "Debémoslles ás vítimas e aos seus familiares saber exactamente que pasou"

O líder do PP di que só recibiu información oficial do sinistro da Xunta de Andalucía, non do Goberno central

Feijóo compareceu xunto ao presidente andaluz, Juanma Moreno ( EFE/ Jorge Zapata)
G24.gal 19/01/2026 19:08

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, está convencido de que o Adif e Renfe pronto achegarán uns "primeiros indicios" das causas do accidente ferroviario de Adamuz porque, segundo recalcou desde a zona do sinistro, "debémoslles ás vítimas e aos seus familiares saber exactamente que pasou".

Feijóo compareceu ante os medios de comunicación xunto ao presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, tras visitar a área de accidente para dar o pésame aos familiares dos falecidos xa identificados e acompañar os que aínda esperan coñecer que pasou cos seus achegados.

O xefe da oposición eloxiou o labor dos equipos de emerxencia, sanitarios, bombeiros, forzas de seguridade e todos os que están a traballar no lugar do accidente e asegurou que quedou acreditado que "cando ten un gran problema, España únese" e é "un gran país".

Feijóo revelou, a preguntas dos informadores, que non recibiu información oficial do Goberno sobre o accidente nin como dirixente do seu partido nin como xefe da oposición e apuntou que todos os datos que lle chegaron proceden da Junta de Andalucía ou dos medios de comunicación. 

Feijóo reuníase a primeira hora co que fora presidente de Renfe, Pablo Vázquez. En Génova gardaron un minuto de silencio e nun chío Feijóo mostraba o apoio aos equipos de emerxencia. En breve tamén ten previsto acudir ao lugar do accidente.

Miguel Tellado, o secretario xeral dos Populares, mandaba tamén unha mensaxe de apoio ás familias das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade