5ª edición da Feira Revive en Ribadavia que dá unha segunda vida ao que xa non serve
Un encontro para fomentar a reciclaxe creativa ou suprarreciclaxe e o consumo responsable
A feira está aberta este domingo de 11:30 a 20:00 horas na igrexa da Madalena
Ademais na primavera hai unha nova edición desta feira
Pioneira en Galicia é a feira de reciclaxe creativa Revive, que se está a celebrar esta fin de semana na vila de Ribadavia, un evento que chega á súa quinta edición co obxectivo de impulsar novos hábitos de consumo e apostar pola recuperación e transformación dos produtos que xa non serven, dándolles así unha segunda vida, e converténdoo en suprarreciclaxe.
A feira está a ser todo un éxito na súa quinta edición. A igrexa da Madalena, na zona histórica de Ribadavia acolle unha morea de produtos revividos coa reciclaxe creativa.
A lá de ovella, por exemplo, pode ter moitas vidas. A filosofía desta feira é tamén impulsar un consumo máis responsable co medio ambiente. Continúa este domingo todo o día con charlas, obradoiros de gancho e exposicións. Ademais a vindeira primavera haberá unha nova feira 'Revive' en Ribadavia.