Novas

Pablo Isla, expresidente de Inditex, presidirá Nestlé a partir de 2026
18/06/2025 19:31
O consello propón a súa designación en substitución de Paul Bulcke, que deixa o posto

A estación intermodal de Santiago xa leva o nome de Daniel Castelao
18/06/2025 19:22
Está previsto que a pasarela entre as terminais de tren e bus se inaugure a próxima semana
O novo aparcadoiro en altura executarase nos vindeiros meses

18/06/2025 18:30
Trátase do único tratamento eficaz ata o momento para o tratamento curativo da hemofilia B
O número de pacientes con diagnóstico de HB en Galicia é de 51 pacientes
Galicia, primeira comunidade en tratar con terapias xénicas a hemofilia tipo B

Gas pementa contra o furtivismo en Malpica
18/06/2025 17:25
A confraría dispuxo uns días da autorización para usalo nas vixilancias

Montero, única precandidata nas primarias do PSOE para presidir a Junta de Andalucía
18/06/2025 17:17
O período de recollida de avais, sinalou o PSOE, comeza este xoves

Renfe comprométese a mellorar os servizos ferroviarios en Lugo o antes posible
18/06/2025 17:16
O alcalde reclama conexións mellores con Madrid, Barcelona, a Cornixa Cantábrica e cidades próximas
A compañía trasladará a proposta ao Ministerio de Transportes para unha aplicación rápida

A UCO pide ao xuíz do caso Koldo analizar as contas de Cerdán e buscar bens no estranxeiro
18/06/2025 16:41
Os axentes piden todas as "informacións sospeitosas de branqueo de capitais" e movementos de máis de 300 euros na última década
Cerdán adquiriu en 2016 case a metade dunha construtora sinalada no informe da UCO
Unha muller intentou levar un disco duro durante o rexistro da casa de Ábalos en Valencia

A zona histórica de Santiago non terá novas tendas de recordos nin negocios automatizados
18/06/2025 16:41
O obxectivo da modificación do plan da cidade histórica é "manter a función residencial" e os servizos para os residentes
O concelleiro Iago Lestegás explicou que se eliminará a imposibilidade de converter locais comerciais en vivenda en San Roque e nos Basquiños

Ignacio Picatoste, novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18/06/2025 16:30
Consello Xeral do Poder Xudicial tamén nomea a Ana María Blanco como presidenta da Audiencia de Ourense
Picatoste aposta por unha xustiza moderna, empática e con menor custo

Entran brétemas e refresca na costa
18/06/2025 16:29

18/06/2025 16:17
Junts reclama un diálogo social "real e rigoroso", advirte de riscos para a viabilidade das pemes e pide unha proposta máis flexible e gradual
O PP presenta un veto á redución de xornada porque non está pactada coa patronal e porque cre que afectará á competitividade e o emprego
Bruxelas denuncia a España por non adaptar unha directiva sobre condicións de traballo

O Senado reproba o fiscal xeral do Estado co apoio do PP e Vox
18/06/2025 16:00
Esixen a súa dimisión inmediata ou a destitución por parte do Goberno
Acúsano de causar un “grave dano” ao Ministerio Fiscal e de actuar ao servizo do Executivo

Javi Recio, director deportivo do Lugo: "Anunciaremos o adestrador nos próximos días"
18/06/2025 15:53
Recio compareceu este mércores nunha rolda de prensa que tamén serviu para presentar a Adrián Raguza, novo vicepresidente da entidade

O Parlamento pide por unanimidade asumir a xestión de aeródromos e heliportos galegos
18/06/2025 15:34
Fai referencia ás infraestruturas destinadas a aeronaves ultralixeiras, hidroaeródromos e heliportos, distintas dos aeródromos de uso público en que se realizan operacións de transporte de pasaxeiros, mercadorías ou correo

Manu Fernández continúa a saga familiar e renova co primeiro equipo do Celta
18/06/2025 15:33
É a terceira xeración dunha familia que leva o Celta no corazón

Falece Salvador Domato, cóengo da Catedral de Santiago
18/06/2025 15:25
Fora director do Arquivo Histórico Diocesano e secretario de Antonio María Rouco Varela

A Xunta reclámalle ao Goberno que recupere o plan para cofinanciar a construción de vivendas
18/06/2025 14:56
O presidente Rueda di que Galicia ten fondos para participar pero pon condicións sobre o modelo de edificación
A administración autonómica remata as obras de urbanización da primeira ampliación do polígono de Navia, en Vigo

Rueda incide na necesidade de acelerar a homologación de títulos universitarios estranxeiros
18/06/2025 14:56
Cre que "non ten moita lóxica" que siga habendo impedimentos para contratar a estas persoas que veñen de fóra polos trámites burocráticos
Participou na entrega de diplomas das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior
Alfonso Rueda destaca o papel deste programa educativo para promover o talento de retorno

A muller rescatada do mar nunha praia de Portosín permanece en estado moi grave
18/06/2025 14:54
A muller, de 79 anos e veciña de Santiago, atopábase flotando boca abaixo a 20 metros da orela e foi rescatada por outro bañista
Trasladárona en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

A nova sede corporativa da empresa galega Bandalux obtén o BREEAM de arquitectura sostible
18/06/2025 14:54
O deseño do arquitecto pontevedrés Mauro Lomba incorpora xeotermia, fotovoltaica e reciclaxe de augas pluviais
A fachada é case toda de tea, e ademais o edificio é toda unha declaración de intencións sobre o que debe ser lugar de traballo

Mercedes Peón e Paula Carballeira: "As cantareiras non son algo do pasado"
18/06/2025 14:52
A segunda xornada pública de Somos Pandeireteiras estivo centrada nas tocadoras como transmisoras da lingua galega
As tocadoras debateron sobre temas como a presenza na educación, as diferenzas dialectais ou a tradución das coplas
Paula Carballeira, Lucía Aldao, Ánxela Lema ou Nuria Vil participarán cos seus relatorios na próxima publicación da asociación

A Garda Civil conclúe que Elisa Abruñedo sufriu "violencia extrema"
18/06/2025 14:41
Os investigadores din que as feridas que presentaba o cadáver eran para causarlle a morte

Galicia crea o Código Trauma Grave: unha resposta rápida para salvar vidas nas urxencias
18/06/2025 14:39
Sanidade presenta o protocolo de resposta rápida na atención urxente de traumatismos graves, que busca mellorar a atención asistencial nas urxencias sanitarias
Aplicarase a partir de mediados de xullo e beneficiará a tres mil doentes o ano, aumentando a supervivencia e reducindo as secuelas

18/06/2025 14:24
Trátase de darlle unha nova vida a este conxunto histórico con novos usos
O edificio principal converterase nun hotel con restaurante e sala de exposicións

O Celta non ten constancia da sanción de Antiviolencia que propón o peche de Balaídos
18/06/2025 14:22
Antiviolencia propón unha sanción de tres meses de clausura a Balaídos
Os feitos aconteceron no último partido de Liga xogado na casa contra o Raio Vallecano
Ademais da clausura o club tería que pagar unha multa de 350.000 euros

Por primeira vez poderase subir á muralla romana de Lugo por unha das súas escaleiras orixinais
18/06/2025 14:15
Nestes momentos hai 25 escaleiras interiores xa á vista, pero ningunha transitable
Descubríronas a escasos metros do ascensor que tamén dá acceso ao monumento

Mario César Vila: "En Galicia non hai practicamente fosas comúns fóra dos camposantos"
18/06/2025 14:07
Durante a ditadura abriuse algunha fosa a iniciativa dos familiares das vítimas, pero foron practicamente accións clandestinas
Para estudar as fosas de Galicia o referente foi o proxecto de investigación Nomes e Voces da USC
Houbo arredor de 5.000 vítimas mortais durante a guerra en Galicia, un 39 % deles foron “paseados”

Unha gandería de Mazaricos converte o xurro en amoníaco e en fertilizante seco
18/06/2025 14:07
O fertilizante, para horta ou xardín, comercialízase en bolsas de 10 quilos

Detido un home na Seu d'Urgell por un intento de homicidio en Pontevedra
18/06/2025 14:04
O arrestado formou parte nunha gran liorta entre colectivos de diferente nacionalidade en que se usaron armas brancas

Atentos aos síntomas dun golpe de calor
18/06/2025 14:02
Os golpes de calor son o efecto máis preocupante das temperaturas extremas
É importante detectar os síntomas para tomar medidas a tempo, como buscar un sitio fresco e aplicar panos húmidos
Tamén hai risco de deshidratación, fatiga, cambras musculares ou insolacións

Samu Pereiro, sétimo reforzo do Frigoríficos
18/06/2025 13:59
Pereiro chega ao Gatañal avalado polo técnico Quique Domínguez, quen o dirixiu esta última tempada no Anaitasuna

Haya Blanco: "Eu non borro cando pinto porque na costa sempre hai superposición de liñas"
18/06/2025 13:34
Haya Blanco representa, a través da pintura, paisaxes de interior pero principalmente de costa e actividades tradicionais relacionadas coa xeografía
A artista quere facernos tomar consciencia da contorna que nos rodea e as emocións que nos provocan
'Sardiña Season', na galería La Doce de Boiro ata o 26 de xullo

Usuarios da estrada vilalbesa que une Fabás e Samarugo denuncian o mal estado do firme
18/06/2025 13:27
As pistas da contorna foron arranxadas pola Administración local, polo que a veciñanza reclama o mesmo trato e que se renove o pavimento

Deteñen un veciño de Oia por varios presuntos roubos con forza e furtos
18/06/2025 12:57
En todos os casos tratábase de vivendas unifamiliares de fácil acceso, na súa maioría segundas vivendas. Os roubos levaban a cabo mediante o método de escalo, e provocando danos nas xanelas para acceder ás vivendas.
Entre os efectos subtraídos había xoias, diñeiro, obxectos de decoración, enxoval de fogar, teléfonos móbiles e bicicletas

Rufián ve a Sánchez "tocado" e arríncalle o compromiso de perseguir os "corruptores"
18/06/2025 12:49
O portavoz de ERC asegura: "Non sei canto tempo queda, non sei o que vai pasar"
O PNV traslada a súa preocupación a Sánchez, pero asegura que non comerciará coa situación
Podemos, ao igual que o BNG non participa na rolda de contactos co presidente do Goberno: "Politicamente, a lexislatura xa está morta"
Page di que Sánchez "non ten saída digna" e cre que "queda moitísimo por saberse"

Page di que Sánchez "non ten saída digna" e cre que "queda moitísimo por saberse"
18/06/2025 12:43
O presidente de Castela-A Mancha cre que é o momento de menor credibilidade para o PSOE na historia
Asegurou que as informacións que máis preocupan a Sánchez aínda non están nos xornais

Red Eléctrica asegura que se as centrais cumprisen, o apagamento non se produciría
18/06/2025 12:38
A presidenta non executiva de Redeia, Beatriz Corredor, acusa as eléctricas de dar información parcial e sen suficiente calidade
As eléctricas din que cumpriron e cuestionan decisións de Red Eléctrica no apagamento

Bruxelas denuncia a España por non adaptar unha directiva sobre condicións de traballo
18/06/2025 12:33
A Comisión Europea solicita sancións financeiras por non traspoñer as disposicións da norma comunitaria
A norma europea esixe que os traballadores reciban información completa sobre aspectos esenciais do seu posto, como horario e remuneración
"Os esforzos das autoridades foron insuficientes", din desde Bruxelas

Mario Draghi, premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2025
18/06/2025 12:11
A este premio, último dos oito galardóns internacionais que convoca este ano a Fundación Princesa de Asturias e que cumpren con esta a súa XLV edición, optaban un total de 31 candidaturas de 13 nacionalidades
Os Premios Princesa de Asturias están destinados, segundo sinala o seu Regulamento, a galardoar o labor científico, técnico, cultural, social e humanitario realizado por persoas, institucións, grupos de persoas ou de institucións no ámbito internacional