Cargando resultados...
Haya Blanco: "Eu non borro cando pinto porque na costa sempre hai superposición de liñas"
Haya Blanco representa, a través da pintura, paisaxes de interior pero principalmente de costa e actividades tradicionais relacionadas coa xeografía
A artista quere facernos tomar consciencia da contorna que nos rodea e as emocións que nos provocan
'Sardiña Season', na galería La Doce de Boiro ata o 26 de xullo
G24.gal
18/06/2025 13:34
Última actualización 18/06/2025 16:25
Haya Blanco lévanos directamente a sentir a emoción do que nos é propio, a mirar a paisaxe para tomar conciencia da contorna. Os trazos empastados de pintura crean volumes e texturas. Nalgunhas obras a liña configura a carga figurativa. Noutras, é a propia mancha a que crea elementos figurativos que se fusionan co fondo mimetizándose e dificultando atopar a liña que separa a figura do fondo.