Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento pide por unanimidade asumir a xestión de aeródromos e heliportos galegos

O Parlamento pide por unanimidade asumir a xestión de aeródromos e heliportos galegos

Fai referencia ás infraestruturas destinadas a aeronaves ultralixeiras, hidroaeródromos e heliportos, distintas dos aeródromos de uso público en que se realizan operacións de transporte de pasaxeiros, mercadorías ou correo

Imaxe de arquivo do aeródromo de Rozas, en Castro de Rei Imaxe de arquivo do aeródromo de Rozas, en Castro de Rei
G24.gal 18/06/2025 15:34

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que solicita acordar co Goberno central o traspaso dos recursos precisos para asumir a xestión dos aeródromos e heliportos galegos que non teñan a cualificación de interese xeral do Estado.

Con esta finalidade, reclama a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para traspasar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios.

En concreto, a iniciativa fai referencia ás infraestruturas destinadas a aeronaves ultralixeiras, hidroaeródromos e heliportos, distintas dos aeródromos de uso público nos que se realizan operacións de transporte comercial de pasaxeiros, mercadorías ou correo, incluídos os servizos de aerotaxi.

A iniciativa, impulsada polo PPdeG foi defendida pola deputada Katy Varela, que lembrou que o Estatuto de Autonomía recolle que a Comunidade galega asume a competencia exclusiva en materia de aeroportos e heliportos non cualificados de interese xeral polo Estado e os aeroportos deportivos, “aínda que ata este momento non as estaba exercendo”.

Segundo a iniciativa, "este tipo de centros de control aéreo permitirá continuar coa senda iniciada de potenciar o sector aeroespacial en Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade