Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia crea o Código Trauma Grave: unha resposta rápida para salvar vidas nas urxencias

Galicia crea o Código Trauma Grave: unha resposta rápida para salvar vidas nas urxencias

Sanidade presenta o protocolo de resposta rápida na atención urxente de traumatismos graves, que busca mellorar a atención asistencial nas urxencias sanitarias

Aplicarase a partir de mediados de xullo e beneficiará a tres mil doentes o ano, aumentando a supervivencia e reducindo as secuelas

O conselleiro de Sanidade, durante a presentación do protocolo
G24.gal 18/06/2025 14:39

O Servizo Galego de Saúde aplicará a partir de xullo un novo protocolo para rebaixar a mortalidade por traumatismo grave nas urxencias.

O obxectivo é axilizar a atención para aumentar a supervivencia e diminuír as secuelas nos doentes.

É o sexto código implantado en Galicia para patoloxías en que a supervivencia depende directamente da rapidez na asistencia, o primeiro que inclúe o doente pediátrico. 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou o documento coas pautas para unha rápida identificación das lesións nas que a resposta durante a primeira hora é crucial. 

O obxectivo é coordinar os especialistas e recursos para unha asistencia máis eficaz.

Tres mil persoas sofren cada ano en Galicia traumatismos graves, sendo unha causa frecuente de morte entre os menores de corenta e cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade