O Sergas prevé ampliar o cribado neonatal con 12 patoloxías máis
Sanidade tamén incrementará o rexistro de enfermidades raras, no que actualmente figuran 5.300 pacientes
A nova Estratexia Galega de Enfermidades Raras suporá un salto cualitativo na accesibilidade aos tratamentos, defenden desde a Consellería de Sanidade. En Galicia hai nestes momentos tres unidades multidisciplinares integradas por varias especialidades médicas, que permiten unha atención máis coordinada e eficaz das patoloxías pouco comúns.
Existe en Galicia un rexistro de pacientes con enfermidades raras, e conta tamén o servizo galego de saúde co cribado neonatal máis completo de España, que se vai ampliar con máis patoloxías, doce máis no horizonte do ano 2030.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou este martes que se pretende incrementar un dous por cento o rexistro de enfermidades raras, xa que é unha ferramenta esencial para garantir unha mellor atención ás persoas que padecen algunha destas patoloxías. "Tamén, e a pesar de que xa somos líderes na detección nos bebés de 37 enfermidades primarias, queremos ampliar a carteira de servizos do cribado nenonatal incluíndo doce enfermidades máis".