Cargando resultados...
O Museo Naval de Ferrol acolle as obras de doce artistas novos galegos
Doce artistas novos expoñen o seu mundo visual en Ferrol
Entre os temas tratados: a paisaxe como configuradora da memoria, o despoboamento e as relacións de poder na arquitectura
G24.gal
17/06/2025 14:03
Última actualización 17/06/2025 16:17
'Neo Territorios' é un proxecto onde doce artistas nados entre 1980 e 2005 buscan dialogar con novas identidades e reflexionar sobre a relación identidade-territorio en Galicia.
Ata finais destes mes no Museo da Construción Naval de Ferrol podemos ver obras de Bea Landeira, Carmen Alberto, David Rodríguez, Jacobo Bugarín, Lidia Amado, Marta Aramendia, Pablo Rodríguez, Raposeira, Rosalía Rodríguez, Sofía Piñeiro, Víctor Rodríguez e Xabier Cano.