Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio, sobre Fer López: "Non debemos sacar conclusións antes de tempo"

Claudio, sobre Fer López: "Non debemos sacar conclusións antes de tempo"

Valorou as chegadas de Ilaix e de Radu: "Ben, estamos todos de acordo nestes movementos"

G24.gal 17/06/2025 14:59 Última actualización 17/06/2025 15:07

A posible saída de Fer López aos Wolves estourou no celtismo deixando todo tipo de opinións. Opinións controvertidas, sobre as que Claudio deixa esta reflexión.

"Temos que aprender todos do pasado (Caso Alfon). Non sacar conclusións antes de tempo".

E isto é o que dicía daquela o adestrador do Celta. Era a principios de abril, cando xurdiu a polémica por un posible precontrato de Alfon polo Sevilla.

"Estou decepcionado en como se xestionou todo, simplemente divídenos".

"Paréceme mal o odio xerado, as informacións veñen de partes interesadas".

Aínda de vacacións, non quixo pronunciarse Claudio sobre o mercado actual salvo para valorar as incorporacións.

"Ilaix e Radu? Ben, estamos todos de acordo nestes movementos".

O mercado acaba de comezar e, ademais do caso de Fer López, quedan asuntos pendentes no Celta, como a renovación de Sergio Carreira, tamén con ofertas para saír.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade