Gala i Ovidio, Raposa e Kanding Ray, nas músicas de Marta Gómez
'Fantasmas que se ocultan', a carta de amor a Compostela de Gala i Ovidio
Raposa cántalle 'A cidade máis vella do mundo' dende Vila Praia de Áncora
O techno experimental de Kanding Ray, na praza da Quintana dentro do programa de Curtocircuíto
Gala i Ovidio é o proxecto conxunto de Aida Tarrío das Tanxugueiras e o produtor Raül Refree. Baixo o nome dos fillos de Rosalía de Castro asinaron dous EP, 'Un Final' e 'Que parece un principio', onde noise e música tradicional se unen.
Raposa, o dúo de guitarras e Rubén Abad e María Villa, saca á luz o videoclip de 'A cidade máis vella do mundo', unha das cancións do seu primeiro disco, 'Un amor'. O vídeo está rodado en Vila Praia de Áncora baixo a dirección de Ana Dinís.
David Letellier, o músico baixo o nome artístico de Kanding Ray ofrecerá en xullo, dentro do festival Curtocircuíto, unha performance coas imaxes de 'Sirat', de Oliver Laxe, unha performance na que tamén participa o cineasta Adrián Canoura.