España regresa coas mans baleiras dos Emmy Internacionais malia as súas cinco candidaturas
As series 'Animal', de Luis Zahera, e 'Anatomía dun instante', sobre o 23F, non convenceron; e tampouco triunfaron os actores Javier Cámara e Ricardo Darín
"Está a ser unha experiencia inesquecible e marabillosa, sinto que estamos a España e tamén a Galicia", asegura o produtor de 'Animal'
O Reino Unido arrasou tras facerse con nove premios neste certame que premia os mellores proxectos televisivos realizados fóra dos Estados Unidos
Reuters/Eduardo Munoz
Foron uns Emmy Internacionais agridoces para o audiovisual hispano. Malia que catro países de fala hispana sumaban doce candidaturas,cinco delas encabezadas por España, o único triunfo foi para a segunda tempada da arxentina 'División Palermo', sobre unha garda urbana inclusiva, e que optaba na categoría de comedia.
O resto dos proxectos e candidaturas non convenceu ao xurado, polo que actores como Javier Cámara e Ricardo Darín e proxectos como 'Animal' do actor e produtor galego Luis Zahera regrsaron coas mans baleiras.
"Está a ser unha experiencia inesquecible e marabillosa, pero tamén unha responsabilidade enorme", afirma , Xota Aceytuno, un dos produtores de 'Animal'. "Sinto que estamos a representar ao noso país e tamén a Galicia".
'División Palermo', o único proxecto de fala hispana premiado nos Emmy Internacionais (Reuters/Eduardo Munoz)
Entre os españois, tampouco gañaron a miniserie 'Anatomía de un instante', superada pola británica 'Prisoner 951'; o documental deportivo 'Temps mort', que sucumbiu ante a surafricana 'The Philipstown Wirecar Grand Prix', ou a telenovela 'Valle Salvaje', superada pola turca 'Leyla'.
O Reino Unido, o país que tiña máis candidaturas, arrasou, e levou nove premios.
Brasil, que aspiraba tamén a nove estatuíñas tampouco conseguiu ningunha.