Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sofía Ruvira: "Cambiar os cueiros da xente maior forma parte do ciclo da vida"

Sofía Ruvira: "Cambiar os cueiros da xente maior forma parte do ciclo da vida"

A primeira novela de Sofía Ruvira, publicada por Aira Editorial, busca a literatura nos pequenos detalles e nas emocións universais

'Os corpos fráxiles' é unha novela sobre o círculo que supoñen os coidados, unha neta e unha avoa e un adeus 

A autora publicou tamén neste ano o poemario 'Canícula' con Edicións Laiovento na colección Vento Alto

G24.gal 17/06/2025 13:56 Última actualización 17/06/2025 16:30

"Ai, primeiro custoume, pero xa me afixen e adoito pensar no corpo da avoa como se fose o corpo dunha nena. É nese momento, cando a avoa queda espida... cando máis noto a súa vulnerabilidade, a súa pel húmida e engurrada".

É un anaquiño de 'Os corpos fráxiles', a primeira novela de Sofía Ruvira. Hoxe a autora acompáñanos aquí no estudio para falarmos sobre este libro e tamén sobre o seu último poemario, 'Canícula'. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade