Carlos Crespo repasa as novidades musicais galegas destes días
'Soy Rebelde', de Caamaño&Ameixeiras
'Quero ser', de A Sombra dos Soños
'Soy Rebelde', de Caamaño & Ameixeiras: a canción está gravada no órgano da Igrexa da Universidade deSantiago. Tan só órgano e voz. A idea de facela xurdiu cando foron á igrexa para gravar co órgano 'O meu amor' e Sabela púxose a tocar 'Soy rebelde'. Gustoulles tanto como soaba que decidiron gravala tamén.
'Quero ser', de A Sombra dos Soños: a banda que lidera Jose Carballido acaba de estrear o videoclip de ‘Quero ser’, un dos temas incluídos no seu último disco, ‘Lembranzas futuras’. Se no conxunto do traballo, A Sombra dos Soños aposta pola convivencia entre linguaxes aparentemente afastadas, nesta canción esa mestura toma unha forma especialmente directa: guitarras e base rítmica de vocación rock conviven con elementos electrónicos e coa presenza da música tradicional galega.