Mario César Vila: "En Galicia non hai practicamente fosas comúns fóra dos camposantos"
Durante a ditadura abriuse algunha fosa a iniciativa dos familiares das vítimas, pero foron practicamente accións clandestinas
Para estudar as fosas de Galicia o referente foi o proxecto de investigación Nomes e Voces da USC
Houbo arredor de 5.000 vítimas mortais durante a guerra en Galicia, un 39 % deles foron “paseados”
En Galicia hai rexistradas 90 fosas comúns dispersas polo territorio. Durante anos un equipo de expertos traballou nesta fosas dentro do Plan de memoria democrática en Galicia, unha iniciativa que nace do Estado para levar a cabo o estudo e a exhumación das fosas da chamada guerra civil.
Na práctica, cada comunidade autónoma xestiona de forma diferente este encargo do Goberno central. En Galicia o plan implicou a profesionais de distintas disciplinas: historiadores, arqueólogos, antropólogos forenses e xenetistas.