Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe a Rosalía de Castro no Día de Galicia

Homenaxe a Rosalía de Castro no Día de Galicia

Celebrouse unha misa e unha ofrenda floral na súa tumba, no Panteón de Galegos e Galegas Ilustres

A orixe desta conmemoración data de 1932

G24.gal 25/07/2026 21:27 Última actualización 25/07/2026 21:41

A igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu a homenaxe que cada ano se lle fai á escritora Rosalía de Castro con motivo do Día de Galicia. Celebrouse unha misa solemne e unha ofrenda floral na súa tumba. 

No acto participaron entre outras autoridades os conselleiros de Cultura, José López Campos, e o de Educación, Román Rodríguez, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e outros representantes da política e da cultura galega.

Esta homenaxe comezou a celebrarse, vinculada ao Día Nacional de Galicia, en 1932 e foi prohibida durante a ditadura. O 25 de xullo de 1965 oficiouse a primeira misa integramente en galego para recuperar o ideario da conmemoración orixinal.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade