Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ofrenda ao Apóstolo: Santalices pide unidade polo galego e ética fronte a corrupción

Ofrenda ao Apóstolo: Santalices pide unidade polo galego e ética fronte a corrupción

Os incendios estiveron moi presentes nas pregarias da Ofrenda ao Apóstolo deste 25 de xullo

Os actos institucionais arrancaron na Praza do Obradoiro co tradicional pase de revista ás tropas do delegado rexio, que este ano foi o presidente do Parlamento de Galicia

G24.gal 25/07/2026 16:37 Última actualización 25/07/2026 17:04

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, en calidade de delegado rexio, pediu este sábado na Ofrenda ao Apóstolo "unidade no pacto polo galego" e "ética política fronte aos que se deixan contaminar pola corrupción".

Na cerimonia deste 25 de xullo estiveron moi presentes os incendios que ameazan varias comunidades de España, e tanto Santalices como o arcebispo de Santiago, José Francisco Prieto, pregáronlle ao Apóstolo polos afectados.

Os actos institucionais arrancaron pasadas as dez da mañá nesta Praza do Obradoiro co recibimento con honores ao encargado de facer a Ofrenda ao Apóstolo no nome do rei.

Miguel Santalices pasou a tradicional revistas ás tropas, con presenza por primeira vez dos tres exércitos, e despois saudou ás autoridades, encabezadas pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno. Pedro Blanco; e o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Xa na cerimonia, na invocación ao Apóstolo o delegado rexio lembrou que estamos a apenas cinco meses de que abra a Porta Santa e que dixo que os Reis e tamén o Papa estean en Santiago na Ofrenda do Ano Santo 2027.

Santalices fixo referencias á actualidade política, defendendo un financiamento autonómico "equilibrado", e reclamando "normas contundentes e independencia das institucións" para asegurar a "ética política" fronte aos "que s deixan contaminar pola corrupción".

Na resposta homilía, o arcebispo de Santiago reivindicou unha Igrexa que non busca impoñer, se non favorecer o diálogo. "Necesitamos aprender de novo a tecer redes de encontro fronte á polarización; redes de solidariedade fronte á indiferencia; redes de hospitalidade fronte ao rexeitamento; redes de diálogo fronte ao enfrontamento", dixo José Francisco Prieto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade