Máis de 200 pezas do British Museum recalan en Santiago para nos abrir Oceanía
Forman a exposición 'Voces do Pacífico. Innovación e tradición', que permanecerá na Cidade da Cultura ata finais de novembro
O futuro está conectado coa nosa memoria, di un artista maorí que na obra chamada 'Océano embotellado 2123' quere animarnos a dar un paso atrás. É unha máis destas 'Voces do Pacífico', o océano máis grande do mundo.
"Nós normalmente pensamos máis nas culturas que vemos máis próximas, sobre todo a mediterránea ou a atlántica, e non somos conscientes de que hai moitísimo máis tempos en Oceanía xa había homes e mulleres capaces de atravesar navegando un océano enteiro", explica Miguel Ángel Cajigal, da Fundación Cidade da Cultura
Navegantes pìoneiros, expertos. Oceanía é culturas moi variadas, hai alá máis de 1.800 culturas, precoces culturas.
"Foron culturas especialmente sofisticadas que hai 20.000, 30.000 anos xa desenvolveron modos de vida complexos", sinala Cajigal
Con alardes temperáns de habilidosos tecedores. Coma o manto de seda e algodón 'pauaua', que significa forza, perseverancia, ou a armadura tecida enteira en fibra de coco durante milleiros de horas. E unha rede simbólica trenzaron con cabelos humanos. Evoca o heroe do Pacífico Maui.
"O que fixo, segundo a mitoloxía, foi deter o curso do sol cunha rede que estaba trenzada cos cabelos da deusa Hina", conta Cajigal
Son en total máis de 200 tesouros da Colección do Museo Británico que recalaron en Santiago para nos abrir Oceanía con esta exposición, 'Voces do Pacífico. Innovación e tradición', que se pode contemplar ata o mes de novembro na Cidade da Cultura.