Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Gaiás ofrece ata abril un "paseo" pola obra de Francisco Asorey, o "creador total"

O Gaiás ofrece ata abril un "paseo" pola obra de Francisco Asorey, o "creador total"

'Francisco Asorey, unha recuperación necesaria' reúne 100 pezas do escultor cambadés

G24.gal 28/10/2025 16:42 Última actualización 28/10/2025 17:21

O museo da Cidade da Cultura acolle dende este martes ata abril a exposición 'Francisco Asorey, unha recuperación necesaria', unha mostra da obra dun dos escultores galegos máis destacados a través de 100 pezas.  

A mostra é un paseo pola obra do cambadés, dende os grandes monumentos que temos nas nosas cidades, ata pezas de escaiola ou cerámica, e as súas esculturas de madeira máis recoñecibles.

O comisario da exposición, Miguel Fernández-Cid, explicou na inauguración que o obxectivo da súa proposta é ofrecer aos visitantes unha "ollada distinta" sobre un escultor que, sen saír de España, chegou a converterse nun artista universal. A mostra reúne pezas de numerosos museos e centros culturais e relixiosos, como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

O visitante poderá contemplar medio cento de esculturas e unha ducia de escaiolas, ademais de debuxos, ferramentas de traballo e libros de artes que usaba Asorey ou fotografías, moitas delas de Ksado.

No acto de apertura o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que con esta mostra "a Cidade da Cultura se reencontra consigo mesma" e cualificou ao artista cambadés de "creador total, que soubo combinar a tradición popular, a imaxinería relixiosa e as vangardas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade