Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguidores de Aitana acampan no Coliseum da Coruña a unhas horas do concerto

Seguidores de Aitana acampan no Coliseum da Coruña a unhas horas do concerto

O auditorio abrirá as súas portas ás 21:00 horas e a actuación arrincará contra as 22:30

As entradas están esgotadas desde outubro

G24.gal 22/07/2026 09:47

Comezou a conta atrás na Coruña para a unha das citas musicais máis esperadas do verán: o concerto de Aitana no Coliseum. A artista catalá presentará esta noite na cidade o seu último disco, Cuarto azul, incluído na súa xira, Cuarto Azul World Tour.

Desde hai varios días, decenas de seguidores chegados desde toda España teñen instaladas as súas tendas de campaña nos arredores do Coliseum para conseguir un lugar privilexiado e poder ver en primeira fila a súa cantante favorita.

O recinto abrirá as súas portas ás 21:00 horas e o espectáculo está previsto que comece contra as 22:30 horas. O atractivo da cantante foi tal que as entradas levan esgotadas desde o pasado mes de outubro.

Todo preparado, pois, para que un dos talismáns da selección española de futbol, "Superestrella", resoe esta noite no auditorio coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade