O Cunqueiro convértese no primeiro hospital de España en administrar terapia xénica contra a hemofilia B
O Cunqueiro convértese no primeiro hospital de España en administrar terapia xénica contra a hemofilia B
Trátase do único tratamento eficaz ata o momento para o tratamento curativo da hemofilia B
O número de pacientes con diagnóstico de HB en Galicia é de 51 pacientes
Galicia, primeira comunidade en tratar con terapias xénicas a hemofilia tipo B

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo converteuse no primeiro de España en administrar a terapia xénica para o tratamento da hemofilia B a un paciente, quen se converteu así na primeira persoa en España en recibir este tratamento nun hospital público.
A aplicación deste medicamento estivo dirixida polo Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da área sanitaria de Vigo, coa doutora Carmen Albo á fronte.
Trátase do único tratamento eficaz ata o momento para o tratamento curativo da enfermidade. O Etranacogen Dezaparvovec, que é como se chama este medicamento, está destinado á abordaxe do trastorno de coagulación sanguínea hereditaria (hemofilia B, ou HB) con terapia xénica, unha enfermidade rara ou pouco frecuente.
A pesar de que esta enfermidade afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións causantes dela.
O número de pacientes con diagnóstico de HB en Galicia é de 51 pacientes (37 homes e 14 mulleres). A previsión é que poidan beneficiarse deste tratamento 8 pacientes, que son susceptibles de indicación de terapia xénica.