Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova sede corporativa da empresa galega Bandalux obtén o BREEAM de arquitectura sostible

A nova sede corporativa da empresa galega Bandalux obtén o BREEAM de arquitectura sostible

O deseño do arquitecto pontevedrés Mauro Lomba incorpora xeotermia, fotovoltaica e reciclaxe de augas pluviais

A fachada é case toda de tea, e ademais o edificio é toda unha declaración de intencións sobre o que debe ser lugar de traballo

G24.gal 18/06/2025 14:54

"Que fronte a unha contorna hostil creásemos un paraíso interior". Esa foi a proposta do arquitecto pontevedrés Mauro Lomba que convenceu ao responsable da empresa galega Bandalux. Buscaban ese espírito no edificio, porque "gran parte da vida é no traballo", e tamén un deseño que fose referencia e emblema da compañía.

Mentres se levan a cabo os remaches finais, xa comezaron a chegar os traballadores á nova sede mundial da empresa orixinaria de Moraña: os primeiros, o departamento internacional de atención ao cliente. O téxtil dunha das maiores empresas de estores a nivel mundial é un elemento omnipresente da construción,

 "Péchase ao espazo exterior do polígono cunha envolvente que é de natureza téxtil. Son os propios tecidos de bandalux sobre unha malla especial de triángulos de cores", explicou o arquitecto Mauro Lomba.

Triángulos que representan un bosque onde os as polas rematan en follas de cores que matizan a luz, e van cambiando segundo as estacións. No centro do edificio, un pazo de cristal, un bosque interior. Porque no deseño de Mauro Lomba a tradicional oficina reprégase para deixar un espazo de traballo, reunión e coñecemento moito máis orgánico. 

"Acabamos de conseguir o certificado BREEAM excelente, que hai moi poucos edificios que o consigan. Ten enerxía xeotérmica, ten placas fotovoltaicas e recicla a auga de pluviais para rega e para os sanitarios", relatou Mauro Lomba. 

A luz, a sombra, a vexetación e as terrazas, acaparan o protagonismo. E no andar de dirección, hai un apartamento para invitados tras os paneis en pico que homenaxean a tradición da arquitectura industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade