Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercedes Peón e Paula Carballeira: "As cantareiras non son algo do pasado"

Mercedes Peón e Paula Carballeira: "As cantareiras non son algo do pasado"

A segunda xornada pública de Somos Pandeireteiras estivo centrada nas tocadoras como transmisoras da lingua galega

As tocadoras debateron sobre temas como a presenza na educación, as diferenzas dialectais ou a tradución das coplas 

Paula Carballeira, Lucía Aldao, Ánxela Lema ou Nuria Vil participarán cos seus relatorios na próxima publicación da asociación 

G24.gal 18/06/2025 14:52 Última actualización 18/06/2025 16:43

Milleiros de mulleres espalladas por todo o territorio galego xuntábanse para tocar e bailar sendo a centralidade da transmisión musical e da palabra. Aínda hoxe ofrecen un xeito de entender o mundo fóra da transacción comercial. Hoxe falamos destas mulleres, das que foron e das que son tocadoras e que agora dispoñen dun espazo de articulación permanente entre todas elas na asociación Somos Pandeireteiras.

Conversamos cunha das impulsoras deste asociación e, vicepresidenta, Mercedes Peón e cunha das participantes do proxecto, Paula Carballeira.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade